header image
Próximo evento

Xornada no Parlamento Europeo: Como preservar as abellas en Europa

CARTAZ_AGA_STOP_VELUTINA-20160217-182048Baixo este título celebrarase o próximo 3 de marzo de 2016 unha xornada de traballo no Parlamento Europeo na que se abordará o problema de Vespa velutina, o impacto dos neonicotinoides e as políticas de preservación das abellas en Europa.
O encontro solicitado pola Confederación en Defensa da Abella na Cornisa Cantábrica (CODACC) foi organizado polo Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e a el acudirá unha delegación das agrupacións que forman parte desta Confederación.

Coincidindo con esta Xornada, dende CODACC enviouse unha carta ao Parlamento Europeo na que se explican os danos que produce a avespa asiática, exponse a falta de medios para loitar contra esta especie invasora que se está propagando rápidamente por Europa e pídese ao Parlamento que cre unha mesa sectorial ou grupo de traballo co fin de adoptar as seguintes medidas:

  1.  Desenvolver e poñer en marcha unha Estratexia de Xestión, Control e posible erradicación da Vespa velutina en Europa.
  2. Reunir recursos económicos e experiencias para investigar de xeito coordinado e global. Priorizando os proxectos para atopar métodos de control máis eficaces, como feromonas e inhibidores específicos para ela.
  3. Establecer medidas de coordinación e colaboración entre os países afectados para realizar investigacións e actuacións conxuntas de xestión e control.
  4. Pedir aos estados membros da U.E. afectados que se impliquen máis en levar a cabo os protocolos de control desta especie, ante a gravidade do problema.
  5. Realizar campañas de divulgación e concienciación, co fin de que se coñeza a problemática e se teña información para poder realizar unha detección temperá.
  6. Asumindo a dificultade de erradicar á Vespa velutina e mentres se conseguen avances nas medidas de control das súas poboacións, sería necesario a adopción de axudas aos apicultores polos danos ocasionados pola mesma.

No texto, os firmantes da carta (ver ao final do artigo) reclaman que as diferentes administracións públicas, tanto europeas, nacionais como rexionais, téñense que tomar este problema en serio e asumir que o único xeito de controlar as poboacións de avespa asiática é a través da colaboración interadministrativa e cos colectivos máis perxudicados como son os apicultores para unir recursos e así poder actuar dun xeito global e concertado.

Para rematar, din, estamos convencidos de que a mellor solución inclúe o desenvolvemento dunha feromona atractiva que permita unha captura dirixida e masiva de Vespa velutina, realizada en paralelo con métodos de control poblacional como a eliminación dos seus niños e medidas de defensa das colmeas.
Pola súa banda, a Asociación Galega de Apicultura presentará tamén no encontro o seu Plan de estudo e monitoreo das medidas de control do avespón asíatico invasor (Vespa velutina nigrithorax) en Galicia, enmarcado na campaña Stop Vespa velutina.

Programa da Xornada no PE

11,30 h. Introdución e benvida: Lidia Senra e Angela Vallina. Deputadas GUE/NGL Plans de loita contra a Vespa velutina. Interveñen: – Pierangelo Bernorio, da Unidade de Saúde Animal e Seguridade Alimentaria – Gilles Lanio, Presidente do Sindicato Apícola UNAF. Francia – Sandra Rojas, Doutora en Bioloxía pola Universidade de Vigo. Galiza – Carlos Pena Gómez. Bizkaia – Carlos Marín Barcaiztegui, FAPI. Asturias

12,45 h. Debate. Modera: Ángela Vallina de la Noval, Deputada GUE/NGL

13,30 h. Xantar

15,00 h. Impacto dos pesticidas neonicotinoides nas abellas. Interveñen: – Vujadin Kovacevic. Asesor Político. Politicas de Biodiversidade da D.X. Medio Ambiente. – Etienne Bruneau. Administrador CARI. Bélxica – Noa Simón, BEE LIFE. Bélxica – Gilles Lanio, Presidente do Sindicato Apícola UNAF. Francia

16,45 h. Descanso.

17,15 h. Mesa redonda. Políticas para a preservación das abellas en Europa. Interveñen: – Un representante da Direcion Xeral de Agricultura. – Xesús Asorey. Secretario-técnico de AGA. Galicia. – Carlos Javier Valcuende de Cos. Presidente CODACC.

19,00 h. Fin da xornada. ENTIDADES FIRMANTES DA CARTA DE CODACC AO PARLAMENTO EUROPEO

Do sector apícola:

  • Confederación en Defensa de la Abeja en la Cornisa Cantábrica (CODACC)
  • Federación de Asociaciones de Apicultores de Cantabria (FAAC)
  • Federación de Asociaciones de Apicultores del Principado de Asturias (FAPI)
  • Asociación para la defensa de las Abejas del Principado de Asturias (ADAPAS)
  • Asociación Galega de Apicultura (AGA)
  • Sociedad de Apicultores Profesionales del Occidente de Vasconia (BAMEPE)
  • Asociación Provincial de Apicultores Burgaleses (ASAPIBUR)
  • Asociación de Apicultores de Guipúzcoa (GEE)
  • Asociación de Apicultores Montañeses (AMA)
  • Asociación de Apicultores Campurrianos (APICAM)
  • Asociación Cántabra de Apicultores (ACA)
  • Asociación de Apicultores de Asturias (AAA)
  • Asociación de Apicultores de Aller (APIA)
  • Asociación Casina de Apicultores
  • Asociación de Apicultores de Lena (APILENA)
  • Asociación de Apicultores del Valle del Nalón (APIVANA)
  • Agrupación de Defensa Sanitaria Ganadera de Apicultores nº1
  • Hermandad de Apicultores de la Comarca de Avilés (HAPICA)
  • Asociación de Apicultores del Norte de Palencia (APINORPA)
  • Asociación Palentina de Apicultores (APA)
  • Asociación Promieles Asturias
  • ADSG Apícola de Cantabria
  • Miel Valle Estrechu
  • S.A.T. Erica Campoo
  • Apicultura Ibérica
  • Asociación de Apicultores de la Comunidad de Madrid (APISCAM)
  • Asociación Catalana de Apicultores
  • Apicultors Gironins Associats
  • Asociación de Apicultores de Navarra (APIDENA)

Do sector agrario:

  • Sidra de Asturias CRDOP
  • Campoastur

Organizacións de defensa do medio ambiente:

  • Fondo para la Protección de los Animales Salvajes (FAPAS)
  • Ecologistas en Acción Cantabria
  • Greenpeace España
  • Fundación Oso Pardo (FOP)
  • Fundación Amigos de las Abejas
Compartir
Acerca del autor
@FAmigosAbejas
http://abejas.org

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *